Inscrición e matrícula

No Master Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde ofértanse un total de 32 prazas. Neste punto tamén se reservan 5 prazas para alumnos estranxeiros que queiran unirse ao Master.

As taxas do master son as fixadas pola Xunta de Galicia. Para o curso 23/24:

    • Primeira matrícula: 9,85 euros/crédito.
    • Segunda e sucesivas matrículas: 26,68 euros/crédito.
    • Alumnos estranxeiros: o crédito valerá un 25% máis.
    • Deben sumarse as taxas administrativas. 
    • Información completa: DOGA 
A preinscrición é telemática e realízase a través da web da Uvigo nas datas sinaladas para iso. O usuario de acceso é do DNI ou pasaporte (elixir no desplegable) e unha vez xerada un contrasinal deberá usarse a mesma nas seguintes fases do proceso. Se tes algunha dúbida, podes porte en contacto connosco para irche guiando no proceso.
Máis información: ligazón Uvigo

· Copia do DNI/pasaporte.
· Copia do título universitario.
· Copia do expediente académico.
· Curriculum vitae.

Os alumnos estranxeiros deberán entregar tamén:
· Copia do título universitario e certificación académica con Apostila da Haia.
· Impreso de solicitude de admisión.
· Impreso de solicitude de equivalencia.

A documentación subirase á plataforma durante o proceso de inscrición: ligazón inscrición.
Os orixinais do título académico e a certificación académica deberán ensinarse en secretaría de masters. En caso contrario deberán enviarse copias compulsadas por correo postal.

A dirección postal é:

MASTER EN DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMO INTERIOR E DE SAÚDE
FACULTADE DE CC EMPRESARIAS E TURISMO
CAMPUS AS LAGOAS
32004
OURENSEESPAÑA

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies