60 CRÉDITOS ECTS

Titulación universitaria oficial con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior e ademais, tamén está recoñecida por outros organismos non europeos, como é o caso da Secretaría de Educación Superior, Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Ecuador (SENESCYT).

DÚAS MODALIDADES

  • Modalidade presencial: clases 3-4 días á semana, combinando clases teóricas coa realización de obradoiros, conferencias e saídas formativas.
  • Modalidade semipresencial: titorías de apoio dous días á semana e un maior uso da plataforma formativa TEMA.

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Nove créditos ECTS reservados para a materia de prácticas externas. O alumno poderá por tanto realizar 300 horas de prácticas nunha empresa ou organismo do sector turístico (público ou privado); ben entre as ofertadas polo propio máster, ben solicitando outra empresa interesada en recibir alumnos en prácticas.

BENVIDOS

Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística compóñeno ao unísono a formación, a investigación e a innovación. O Master Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.

A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmiten os docentes, fan que este Master se adecúe ao mercado laboral, e por conseguinte brinde posibilidades reais en termos laborais.

O master conta con máis de 10 anos de experiencia, iniciando a súa andaina no ano 2006 co Master Oficial en Dirección e Planificación do Turismo. No ano 2011 este sofre unha reforma e dá paso ao actual máster.

COORDINACIÓN DO MASTER
Coordinador: Dr. José Antonio Fraiz Brea
Secretaria: Dra. Noelia Araújo Vila (secretaria@masterturismoourense.es)

ALGÚNS DATOS

+ anos de experiencia
+ docentes e profesionais do sector
Alumnos egresados
Créditos ECTS

Punto de encontro virtual

Web de intercambio de información para alumnos egresados do Master en Dirección e Planificación do Turismo e interesados no sector turístico.

PUBLICACIÓNS RECENTES

16
Xul
LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 18/19
Convocatoria de acceso y admisión en Másters Oficiales. Listado DEFINITIVA de admitidos y excluidos en el Máster en Dirección y Planificación del Turismo Interior y de Salud – Curso 2018/2019.
Posted in: General,
Tags: admitidos, definitiva, lista, master, turismo,
10
Xul
TRIBUNAL DEFENSA TFM CONVOCATORIA JULIO 2018
DEFENSA TFM CONVOCATORIA JULIO 2018: 12 DE JULIO
Posted in: General,
Tags: defensa, master, pública, tfm, turismo,
09
Xul
PRECIOS MASTER CURSO 18/19
En el siguiente link podéis consultar las tasas de matrícula de masters para el curso 18/19.
Posted in: General,
Tags: master, precio, tasas, turismo,

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies