Recursos materiais

¿Que é o que ofrecemos para cursar o master?

Actualmente a Facultade de C.C. Empresariais e Turismo conta con recursos materiais e servizos adecuados e suficientes para o desenvolvemento das actividades formativas planificadas. Ademais, existen unha serie de rutinas orientadas a garantir o mantemento dos mesmos para que desempeñen de forma sostida no tempo a función para a que están previstos. Adicionalmente, as instalacións compren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración co Vicerreitorado correspondente e a mencionada Unidade Técnica.

Ademais das infraestruturas facilitadas pola Facultade de CC Empresariais para impartición de docencia (seminario 0.2 de luns a sábado), o centro pon a disposición do master dous carriños con 16 portátiles cada un que haberá que solicitar previamente ás clases indicadas.

Para ambas as modalidades disporase da plataforma TEMA para a difusión de apuntamentos, guías de materias e resto de material para poder superar a materia (faitic.uvigo.es). Na propia aplicación abriranse foros de debate para expor dúbidas en cada unha das materias, así como indicarase o correo electrónico do coordinador de cada materia, ao que se poderán dirixir para que en todo momento haxa comunicación bidireccional.

O Master conta cunha serie de convenios asinados con distintos organismos e entidades do sector turístico (ver menú área do alumno/prácticas de empresa), para que os alumnos poidan realizar as prácticas (materia de 9 créditos) nas instalacións das devanditas empresas. Todas as empresas e institucións coas que se coopera dispoñen do espazo e os medios necesarios para acoller aos estudantes en prácticas; sendo adecuadas á especialización do Master, xa que todas elas operan en territorios turísticos de interior e no turismo de saúde.

Recursos ao teu alcance:

  • Un seminario asignado exclusivamente ao master (Seminario 0.2) dotado de pizarra dixital para a exposición de contidos.
  • Laboratorio de informática para aquelas materias e sesións que así o requiran, dotado de PC para cada alumno e PC e canón para o docente.
  • Acceso á plataforma TEMA para descarga de apuntamentos, contacto con docentes e entrega de actividades.
  • Aula Magna Xosé Anxel Valente e/ou Salón de Graos para o desenvolvemento de conferencias, mesas redondas, proxeccións, etc.
  • Sala de informática de libre acceso.
  • Sala de estudo na biblioteca do campus de Ourense.
  • Conexión wifi en todos os edificios do campus universitario (é necesario para iso dar de alta unha conta co dominio @alumnos.uvigo.es).
  • Préstamo de portátiles.
  • Préstamo de libros na Biblioteca do Campus.
  • Contacto coa coordinación do master vía mail, teléfono, redes sociais ou no despacho de coordinación.
  • Contacto cos profesores responsables das materias vía mail, teléfono ou nos seus despachos en horario de titorías.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies