O Master Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde (60 créditos ECTS) é unha titulación oficial con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior.
O Master impártese nun só curso (setembro-xullo), dividido en dous cuadrimestres de 30 créditos cada un. O primeiro componse de 5 materias e o segundo de 2 materias, prácticas e Traballo Fin de Master (TFM).
O curso está organizado de tal modo que o alumno poida ir adquirindo coñecementos de modo progresivo ata plasmar todo o aprendido nas prácticas de empresa e a realización do TFM.