Inscrición e matrícula
As taxas do master son as fixadas pola Xunta de Galicia. Para o curso 22/23:
-
- Primeira matrícula: 9,85 euros/crédito.
- Segunda e sucesivas matrículas: 26,68 euros/crédito.
- Alumnos estranxeiros: o crédito valerá un 25% máis.
PERIODO PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023
· Copia do DNI/pasaporte.
· Copia do título universitario.
· Copia do expediente académico.
· Curriculum vitae.
· Folla de preinscrición asinada (descárgase na propia plataforma ao finalizar o proceso).
Os alumnos estranxeiros deberán entregar tamén:
· Copia do título universitario con Apostila da Haia.
· Impreso de solicitude de admisión.
· Impreso de solicitude de equivalencia.
A documentación entregarase na secretaría de masters ou por correo postal.
Se se entrega en secretaría de masters poderán ser copias simples ensinando no mostrador os orixinais.
Se se envía por correo postal, deben enviarse copias compulsadas.
A dirección postal é:
MASTER EN DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMO INTERIOR E DE SAÚDE
FACULTADE DE CC EMPRESARIAS E TURISMO
CAMPUS AS LAGOAS
32004 – OURENSE – ESPAÑA