Modalidades

O Master consta de dúas modalidades: presencial e semipresencial.

  • Modalidade presencial: nesta modalidade séguese a avaliación continua a través de traballos, casos prácticos, asistencia a clase xoves, venres e sábado, segundo o horario de cada cuadrimestre, sendo obrigatorio asistir polo menos ao 80% de cada materia para ter dereito a avaliación continua en primeira convocatoria, e exame dependendo da materia (cada materia especificará o seu método de avaliación na guía da mesma).
  • Modalidade semipresencial: neste caso ofertaranse unha serie de clases de apoio en venres pola tarde e sábado pola mañá -nunca de obrigatoria asistencia- e colgarase todo o material nunha plataforma en liña onde o alumno poderá obter a documentación do curso, guías e manuais prácticos de apoio e os casos prácticos a realizar. Como o peso de ambas as modalidades debe ser o mesmo, ademais dos traballos, casos e exames realizados polos alumnos da modalidade presencial na mesma materia, deberán de realizar algún caso, lectura ou exercicio complementario para chegar ao mesmo número de horas de traballo que a modalidade presencial.
Ambas as modalidades impártense en español, dando opción aos alumnos de entregar as actividades e traballos propostos en español ou galego. Cabe a posibilidade de entregar as actividades ou o Traballo Fin de Master, ademais de en español ou en galego, en inglés ou portugués (para o que previamente hai que solicitalo á coordinación do master).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies