- O Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde é unha titulación oficial de 60 créditos ECTS (un curso académico).
- O máster conta con máis de 10 anos de experiencia, iniciando a súa andadura no ano 2006 co Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo.
- Como gran novedade para o curso 20/21 ofertamos tres modalidades, adaptándonos así todavía máis ás necesidades do noso alumnado: presencial, semipresencial ou totalmente online.
- Ofertamos un total de 40 prazas para o curso 20/21, repartidas nestas tres modalidades. É a túa oportunidade para formarte no campo do turismo en función da túa dispoñibilidade horaria.
- Ademais, este curso as taxas do master serán o 50% das habituais. O prezo aproximado para un alumno do Espazo Europeo de Educación Superior será de 650 euros e para un alumno estranxeiro de 800 euros.
- Se estás interesad@, inscríbete no último prazo para o curso 20/21, entre o 28 e 30 de setembro a través de matricula.uvigo.es
- Tes toda a información e prazos neste link: inscrición
- E se tes calquera pregunta, non dubides en escribirnos a info@masterturismoourense.es
60 CRÉDITOS ECTS
Titulación universitaria oficial con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior e ademais, tamén está recoñecida por outros organismos non europeos, como é o caso da Secretaría de Educación Superior, Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Ecuador (SENESCYT).
TRES MODALIDADES
- Modalidade presencial: clases 3-4 días á semana, combinando clases teóricas coa realización de obradoiros, conferencias e saídas formativas.
- Modalidade semipresencial: titorías de apoio dous días á semana e materiais virtuais.
- Modalidade online: materiais, vídeos e aulas de modo online.
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
ALGÚNS DATOS
Andrea Cabaleiro Besada
"Trátase dun programa completo con actividades complementarias que facilitan a comprensión, especialización e profesionalización no Turismo Interior e de Saúde. Alégrame habelo cursado."
Adriana F. García
Modalidade presencial
"O equipo docente do master configúrano profesionais do sector turístico e profesorado de universidades de recoñecido prestixio. A metodoloxía empregada tiña unha orientación fundamentalmente práctica e innovadora."
Lucília Ferreira Alves
"O master em Turismo pela Universidade de Vigo mudou a minha vida profissional, porque me proporcionou formação avançada capaz na área do turismo e me forneceu competências novas tão importantes para o meu bom desempenho profissional nomeadamente, na área da investigação."
Milagros Mª Míguez Martínez
Modalidade presencial
"Paréceme unha formación necesaria para completar os estudos en turismo. Ademais, hai que recoñecer o traballo e o esforzo realizado polos responsables do mesmo por tratar de facelo o máis completo posible e poder contar con profesionais do sector que nos transmitan a realidade existente da maneira máis directa."
Silvia Meno Sarmiento
Modalidade presencial
"Baixo o meu punto de vista este máster brinda aos seus alumnos unha gran preparación profesional no ámbito turístico de forma que estean perfectamente cualificados para as necesidades do novo mercado laboral."

Español
English